Tuesday 14 de May de 2024

A Policía Autonómica reforza os controis do transporte do leite na fronteira para comprobar a súa trazabilidade


A Policía Autonómica levou a cabo un total de 109 inspeccións que supuxeron 70 denuncias en 2015

A Policía autonómica ten en marcha unha campaña de control de transportes de leite e derivados procedentes de Portugal, con destino ás industrias lácteas da comunidade, polo que están activos controis nos pasos fronteirizos, así como nas industrias de destino.

O obxectivo é comprobar a trazabilidade do leite que chega nos camións cisterna lusos, para que tanto a orixe coma o proceso de transporte e chegada a destina cumpran con todos os requisitos legais.

Desde maio de 2015 -cando se activou a campaña- ata finais de ano, a Policía Autonómica levou a cabo un total de 109 inspeccións que supuxeron 70 denuncias.

As infraccións máis frecuentes detectadas son a carencia de folla de recollida de gandeiros, a falta de documentación que permita comprobar o tipo de transporte, carecer de albaráns, non ter o distintivo da letra Q ou alteracións na Carta de Porte Internacional.